Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Daniel Rodríguez con “Transeúnte”

Data: 
21/02/2025
Lugar: 
Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 21 de febreiro, ás 21 h, a estrea de "Transeúnte" de Daniel Rodríguez.  Un espectáculo no que estarán en escena catro bailaríns -  Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez, e Daniel Rodríguez - e dous músicos en directo - Aida Tarrío de Tanxugueiras e Artur Puga de Mondra. 

“Transeúnte” reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folclore neste mundo tecnolóxico e globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos. Celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e lévanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

Daniel Rodríguez, bailarín e creador galego, que comezou os seus estudos no mundo da danza en Tui na Escola de Danza Paula Cobián. Graduouse polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid. Actualmente forma parte da Compañía Daniel Abreu na obra "Daley (Da)", da produción de Carla Diego Luque para Fran Sieira Compañía de Danza "Demente" e é cocreador do Colectivo Banquet.  En 2022 creou o seu primeiro trabalo "A raíz de" polo que recibiu o premio SóODOS en Danza Ourense 2022, amais do premio Xove do público xove, e foi nomeada mellor peza de rúa recibindo a "Escaleira de prata" no Festival Internacional AR.CA 2023. 

Amais Daniel Rodríguez realiza proxectos coma director artístico e coreógrafo dos espectáculos e videoclips de artistas coma Mondra, Fillas de Cassandra ou Tanxugueiras. 

Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez 

Elenco: Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez, Artur Puga, Daniel Rodríguez e Aida Tarrío

Voz: Aida Tarrío e Intérpretes

Música: Artur Puga, Aida Tarrío e intérpretes

Son: Javier Carreño, Acacia Ojea e Berto

Iluminación: Mauricio Pérez

Xénero: Danza contemporánea                            

Público: +8 anos                          

Duración: 50 min                         

Idioma: Galego                            

Prezos: 12 € - 9€

Hora: 21.00 h

Entrada