Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

CXXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia (1891-2021)

Data: 
25/06/2021
Lugar: 
Na Praza de Frómista

O venres, 25 de xuño, ás 20 h na praza de Frómista, fronte ao Teatro Prinicipal, o Concello de Tui, a través da concellaría de Cultura, conmemorará o CXXX aniversario  dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891en Tui.

Será cun recital poético titulado “Xela Arias no século XXI”. Un recital que reunirá as compañeiras de xeración da escritora galega a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O acto estará presentado pola escritora Susana Trigo e contará coa presenza de Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e María Xosé Queizán.

A parte musical deste recital poético estará a cargo da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui.