Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Contraproducións con Cigarreiras

Data: 
25/11/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

'Cigarreiras’ de Contraproducións pechará a programación cultural de outono en Tui. Baseada na obra La Tribuna de Emilia Pardo Bazán, a peza conta cunha gran posta en escena dominada por sete actrices, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo con outros tons máis frescos, lixeiros e mesmo cómicos, tan característicos da obra narrativa da célebre autora coruñesa. A cita será o venres, 25 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal.

Esta peza teatral escrita e dirixida por Cándido Pazó na súa trama argumental achéganos á historia dunha relación socialmente imposible entre unha proletaria e un burgués, tamén pode ser lida como un testemuño da crise política que en 1868 levou á caída da dinastía borbónica e en 1873 á proclamación da I República. 

Premios María Casares á Escenografía, Dirección e Mellor espectáculo

Premio do Público do Festival Internacional de Outono de Carballo

  • Autor e director: Cándido Pazo. 
  • Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Mercedes Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Vestiario: Martina Cambeiro‘
  • Iluminación: Alfonso Castro
  • Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
  • Xénero: Drama
  • Recomendada: + 12 anos
  • Duración: 105  minutos
  • Prezos: 8€ e 6€