Conto de Nadal: Cen Anos de Verbena Galega

O venres, 17 de decembro, ás 19 h, chega ao Paseo da Corredoira a gala musical "Un conto de Nadal" dentro dos musicais de 100 Anos de Verbena Galega.
La Oca Banda acompañada de 6 artistas convidados da verbena galega como a tudense Noelia Solleiro como anfitriona; Lito Garrido de Panorama; David Balboa excompoñente de Paris de Noia; Carlos Mariano de Suavecito; Marta Valiño excompoñente de Olympus, e Ruth Núñez finalista do programa da Tvg A Liga dos Extraordinarios.
Durante dúas horas nesta galega interpretarán distitnos ritmos e cancións de Nadal sen esquecer temas clásicos de rock. Un dos momentos destacados será a interpretación de "O tamborileiro" con 40 gaiteiros e gaiteiras de Tui en directo. E no tema "Pero a tu lado" contará coa participación de 25 alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
A gala será retransmitada en streaming.