Conmemoración Xogos Florais 2026

Data:
24/06/2026
Lugar:
No Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela
O Concello de Tui conmemora o aniversario dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega no Teatro Principal tudense entre o 24 e o 26 de xuño de 1891.
Será o mércores, 24 de xuño, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela:
- 19.00 h. Presentación do libro “Tui, 1900-1936” de Bieito Alonso, Carlos Meixome e Xosé Ramón Paz Antón publicado por Editorial Galaxia coa colaboración do Concello de Tui. Nesta presentación estarán acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director de Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.
- 20.30 h. “Medula” espectáculo de música e poesía a cargo de Cristal Méndez




