Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concertos de Verán na rúa

Data: 
1/09/2018
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O sábado, 1 de setembro, terá lugar o derradeiro concerto da Banda de Música Popular de Tui dentro do ciclo Concertos de Verán. Será ás 21.30h no Paseo da Corredoira. No repertorio que interpretarán haberá dende clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.