Concertos de Verán na rúa

Data:
14/07/2018
Lugar:
Paseo da Corredoira
Banda de Música Popular de Tui
A Banda de Música Popular de Tui sae á rúa para pórlle música ao verán e transformar o clásico estival de bandas de música en tres concertos no Paseo da Corredoira. No repertorio que interpretarán haberá dende clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.
O primeiro dos concertos será o sábado, 14 de xullo, ás 21.30h no Paseo da Corredoira. Volverán actuar os sábados 11 de agosto e 1 de setembro, ás 21.30 h