Concerto "A zanfona e o Camiño de Santiago" con Germán Díaz

Data:
24/07/2025
Lugar:
Igrexa de San Bartolomeu
Tui reivindica nesta programación o seu papel coma porta da entrada do Camiño Portugués a Galicia, e faino a través da música co concerto ilustrado “A zanfona e o Camiño de Santiago” o xoves 24 de xullo, ás 21.30 h na igrexa de San Bartolomeu, da man de Germán Díaz.
Un concerto no que se interpretan músicas históricas e tamén imaxinadas baseadas na tradición sonora dos Camiños a Santiago, ilustrado a partir das diversas representacións da zanfona na Igrexa de San Bartolomeu.
Entrada libre.