Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto “Oficio de armas” de Vértixe Sonora

Data: 
28/10/2021
Lugar: 
Igrexa de San Domingos

A igrexa de San Domingos acollerá este xoves, 28 de outubro, ás 20 h o concerto “Oficio de Armas” da man do festival Vértixe Sonora 2021.  Este evento musical forma parte das actividades conmemorativas do 450 aniversario da batalla de Lepanto organizadas polo Concello de Tui.

Neste concerto Vitor Vieira, violín; Ana Carmen Sánchez violín; Sérgio Sousa, viola e Hugo Paiva, violoncello, interpretarán obras de Ramón Otero, Djordje Markovic, Miguel Azguime, Alberto Carretero realizándose a estreas mundial de tres obras para cuarteto e trío de cordas.

Programa do concerto “Oficio de Armas”

  • RAMÓN OTERO MOREIRA (A Coruña, España) Solitarias infindas as seqoias* (2021) para cuarteto de cordas amplificado
  • DJORDJE MARKOVIC (Serbia) Proximidade* (2021) para trío de cordas amplificado
  • MIGUEL AZGUIME (Portugal)  Point Vermeil (2021) para violín só e electrónica
  • ALBERTO CARRETERO (Sevilla, España) O encaixe roto* (2021) para cuarteto de cordas

*Estrea mundial

VERTIXE SONORA Vitor Vieira, violín | Ana Carmen Sánchez violín | Sérgio Sousa, viola | Hugo Paiva, violoncello

Máis información e reservas: http://vertixesonora.net/es/evento/lepanto/