Concerto "A Historia da Luz" con Mistura Vocal

Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" o coro Mistura Vocal ofrecerá o sábado ás 20:00 h no Teatro Municipal de Tui o seu concerto de Nadal, titulado A historia da Luz.
O espectáculo terá como protagonista principal á Luz, entendida como elemento físico, como metáfora do propio Nadal en tanto que nacemento e novo comezo, e tamén como nome dunha muller que, a través das obras musicais que o coro interpreta, conta episodios da súa vida que conforman a súa identidade como protagonista da mesma. Será este un concerto moi especial, cheo de contido musical e conceptual, onde o coro ofrecerá unha viaxe ao longo da música vocal de autores e obras de diversos estilos e épocas, dende Pearsall e Mendelsshon ata Whitacre e Makor, pasando por Biebl, Lawson, Busto e Elder, ademais do galego Julio Domínguez.
A entrada para o concerto é de balde, pero é preciso realizar reserva previa no seguinte enlace.