Concerto de Nadal

Data:
21/12/2018
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
A Orquestra Sinfónica de Tui, e o Coro Mistura Vocal ofrecerán o venres, 21 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui o "Concerto de Nadal".
Obras clásicas, bandas sonoras e composicións do Nadal serán as que interprete a Orquestra Sinfónica de Tui, integrada por alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui, no Concerto de Nadal. Participará tamén o coro Mistura Vocal dirixido por Aloia Martínez. Non faltarán as sorpresas.
Director da Orquestra Sinfónica de Tui: Luís Caballero Varona
- Prezos 6 € - 5 €
- Duración: 90 min.
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres, 21 de decembro, ás 12h, ou o mesmo venres dende ás 19.30h no despacho de billetes.