Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui ofercerá o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui o xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h.
A entrada é de balde pero é preciso realizar a reserva previa no seguinte enlace. Para acceder ao concerto é preciso a presentación de certificado covid de pauta de vacinación completa, de ter superado a enfermidade ou certiciado de proba diagnóstica negativa.
Baixo a dirección de Eloy Carrera a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto divido en dúas partes. Na primeira ofrecerán “Música y vinos” de Manuel Morales, “At’s World End” de Hans Zimmer e “The ghost ship” de Alberto Pina. A continuación xunto á cantante Livia Leal Caneiro a agrupación tudense interpretará “Lela” con arranxos de Susavila e tres temas de Frank Sinatra con arranxos de Manuel María. Rematarán xa con composicións navideñas coma “Last Christmas” e a “Marcha Radetzky”.