Con de tres pés con "Síbaris"

Data:
15/03/2024
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
A programación cultural dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui pecharase o venres, 15 de marzo, ás 21 h Con de tres Pes coa representación de “Síbaris”. Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa levan a escena a obra teatral póstuma de Domingo Villar. Un escritor, Víctor Morel, está nun bloqueo creativo que afecta a súa situación económica. A piques de tocar fondo a súa muller atopa unha saída. A entradas pódense adquirir aos prezos de 12€ e 9€.
- Venres 15 marzo ás 21:00h
- Xénero comedia teatral
- Publico +14 anos
- Duración 90min
- Idioma galego
- Prezos 12€ - 9€