Coidand@-me

O 9 de marzo comezará a impartirse no Centro Sociocomunitario o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes “Coidand@-me”. É froito da colaboración entre a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui e AFAGA.
As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.
O programa celebrarase os luns de 11 a 12.30 h no . Ao longo de doce sesións abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.