Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Club de Lectura Feminista Tempo de Mulleres

Data: 
3/03/2020
Lugar: 
Tui

O martes, 3 de marzo, comezará a súa actividade en Tui o Club de Lectura Feminista “Tempo de Mulleres”. É unha iniciativa da concellería de Igualdade do Concello de Tui en colaboración coa Biblioteca Municipal. Reunirase cada primeiro martes de mes, de 19 a 20.30 h,  até o mes de xuño.

A sesión inaugural terá lugar o próximo martes, 3 de marzo ás 19h na Área Panorámica. A encargada de dinamizar o club será María Xosé Queizán, escritora, catedrática de lingua e literatura galega e referente do feminismo en Galicia.  Nesta primeira sesión presentarase o  club e  explicarase a dinámica de funcionamento.

As mulleres interesadas poden inscribirse, de forma gratuíta, no correo electrónico  biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103, até completar as quince prazas ofertadas.