Cinema "O Corno"

Data:
8/03/2024
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
A proxección de “O Corno” de Jaione Camborda será a cita do venres, 8 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui.
O filme protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido recibiu a Concha de Ouro á Mellor Película no Festival de San Sebastián o ano pasado. Conta a historia de María, que tras un suceso inesperado fuxe do seu fogar na Illa de Arousa, cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. As entradas pódense adquirir aos prezos de 6€ e de 4,5€.
- Venres, 8 de marzo, ás 21 h
- Publico +12 anos
- Duración 100min
- Idioma galego
- Prezos 6€ - 4,5€