Cinema no Verán "Cavernícola"

Data:
27/07/2018
Lugar:
Praza de San Fernando
A praza de San Fernando acollerá o venres, 27 de xullo, ás 22.15 h a proxección de “Cavernícola” dentro do ciclo Cinema no Verán.
O filme achegános ao cambio da Idade de Pedra á de Bronce, o que supón para os cavernícolas novos retos para non caer baixo o dominio de Lord Nooth. Dug e o seu xabalí Hognob xogarán un épico partido de fútbol para salvar a súa tribo.
- Duración: 89 min.
- Recomendada: Todos os públicos
*En caso de choiva, a proxección será no Teatro Municipal. Capacidade limitada. Retirar dúas entradas, de balde, por persoa media hora antes do comezo.