Cinema na rúa "Trolls"

Data:
25/08/2017
Lugar:
Praza de San Fernando
Remata a programación de Cinema na rúa o venres, 25 de agosto, ás 22h coa proxección de "Trolls", na praza de San Fernando. cunha duración de 92 minutos.
Da man de DreamWorks chega unha comedia fresca, divertida, chea de música de incribles aventuras. Os protagonistas son os alegres Trolls e as súas cancións, e canda eles os pesimistas Bergens. O líder dos Trolls ten por diante unha misión de rescate que o levará moi lonxe.
*En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal. Aforamento limitado. Retirada de 2 entradas de balde por persoa media hora antes do comezo.