Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema Moon, o meu amigo panda

Data: 
14/08/2026
Lugar: 
Praza de Frómista

A praza de Frómista, no conxunto histórico de Tui, acolle o venres, 14 de agosto, ás 22.30 h a proxección de "Moon, o meu amigo panda", dentro da programación cultural do verán. A entrada é libre.

A película, dirixida polo francés Gilles de Maistre, conta a historia de Tian, un neno de doce anos que, tras suspender no colexio, é enviado a pasar o verán á casa da súa avoa, nas misteriosas montañas de Sichuan, en China. Lonxe da cidade e dos seus videoxogos, o pequeno traba en segredo unha amizade cun cachorro de panda ao que chama Moon, un vínculo que dará pé a unha aventura que acabará transformando a súa vida e a de toda a súa familia. Rodada entre paisaxes naturais de China.