Cinema Matria

Data:
10/11/2023
Lugar:
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez
Venres, 10 novembro, ás 21.30 h
Xénero cine
Publico +12 anos
Duración 100 min
Idioma galego
Prezos 6€ - 4€
Dirección e guión: Álvaro Gago
Reparto: María Vázquez, Santi Prego, Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Francisca Iglesias, Soraya Luaces e Susana Sampedro.
Premio á mellor actriz no Festival de Málaga para María Vázquez
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionar un futuro mellor a súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Video