Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema de Verán

Data: 
26/08/2022
Lugar: 
Paseo Fluvial

Dentro da programación cultural haberá tres proxeccións de cinema no Paseo Fluvial:

Valentina 

O venres, 15 de xullo, ás 22:30 h no Paseo Fluvial proxéctase a película de animación de Chelo Loureiro, galardonada nos Goya de 2021 como Mellor filme de animación.

Valentina é unha cativa que soña con ser trapecista. O seu soño, pensa, é inalcanzable por ter Síndrome de Down malia os folgos da súa avoa, con que comparte horas de xogos, xadrez e moitas cancións. “Se as orugas poden converterse en bolboretas, nada é imposible!”, soe dicirlle. Valentina non semella moi convencida. Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando quere preguntárllo, Papá e Mamá dánlle unha noticia desconcertante: a avoa marcho de viaxe. De viaxe? Sen tan sequera despedirse?

Arrietty e o mundo dos diminutos

O venres, 12 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial proxéctase a película de animación xaponesa adaptada do conto infantil “The Borrowers” de Mary Norton e ambientada no Tokio contemporáneo. Foi premiada no ano 2010 pola Academia Japonesa como Mellor filme de animación.

Baixo o solo, ocultos tras os tablóns de madeira dunha mansión campestre, vive unha familia de seres diminutos de apenas 10 cm. de altura. Como norma, nunca se deixan ver polos humanos pero todo cambiará cando Arrietty, unha audaz adolescente, é vista de forma accidental por un cativo que acaba de establecerse na casa debido a uns problemas de saúde. Entre eles xurdirá unha gran amizade pero a existencia destes diminutos seres tamén se verá ameazada. 

Voando xuntos

O venres, 26 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial proxéctase a película de aventuras francesa dirixida por Nicolas Vanier.

Christian é un científico especializado nos gansos salvaxes e os seus procesos de migración. O seu fillo, un adolescente que so pensa nos videoxogos, rexeita a idea de pasar con el unhas vacacións en plena natureza. Malia todo, pai e fillo emprenderán unha incrible aventura para salvar unha especie en perigo de extinción coa axuda dun ultralixeiro co que surcan os ceos de Europa. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.