Charla “As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe”

Data:
2/10/2025
Lugar:
No Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela
O xoves, 2 de outubro, ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a charla “As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” dirixida á cidadanía en xeral a cargo da directora e documentalista Mabel Lozano.
. A sesión será dinámica e participativa, e contará coa proxección de dous dos documentais de Mabel Lozano premiados co Goya —Biografía del cadáver de una mujer (2020) e Ava (2023)—, así como coa campaña “Iso non é sexo”, que proporciona ferramentas para fomentar relacións sans, respectuosas e igualitarias, ademais de previr a violencia sexual.