Charla Como evitar as relacións tóxicas

A Sala Xacobeo da Área Panorámica acolle o venres, 21 de febreiro, ás 19.30 h a charla "Como evitar as relacións tóxicas” a cargo da psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero Mónica Novas Dios.
Entre as cuestións que se abordarán na charla están as definicións de relación tóxica e relación sa, as claves para identificar unha relación tóxica (con exemplos destes tipo de vínculos perniciosos) e as causas que nos levan a establecelas e a mantelas.
Mónica Novas Dios conta con 15 anos de contrastada experiencia en Psicoloxía Clínica e formación contra a violencia de xénero, colaborando en diversas campañas e programas de sensibilización, información e concienciación.
A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa no correo electrónico igualdade@tui.gal ou no teléfono e whatsapp 682 66 05 80.
Este evento está organizado pola Concellería de Igualdade.