Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Centenario Manuel Lago González

Data: 
7/03/2025
Lugar: 
Tui

O  martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento na cidade de Santiago de Compostela, na que exercía como arcebispo, do egrexio tudense Manuel Lago González (Tui, 1865 – Santiago de Compostela, 1925). Na traxectoria deste insigne eclesiástico, que tamén foi un destacado poeta, salientou sempre o seu compromiso por Galicia e a súa cultura e nomeadamente á lingua galega na que compuxo moitos dos seus versos.

O Concello de Tui organiza o seguinte programa de actividades  para lembrar a súa personalidade e a súa inxente obra que ten enriquecido a vida social e cultural de Galicia.

  • Venres, 7 de marzo, ás 19 h no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela en Tui,
    • Acto coorganizado polo Concello de Tui e a Real Academia Galega
    • O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pronunciarán os discursos institucionais nunha cita que contará ademais coas intervencións académicas arredor da figura de Lago González de Andrés Torres Queiruga e Xesús Ferro Ruibal.
    • O programa inclúe a actuación musical de Eduardo Rodríguez Sobrino na gaita e Rubén López López ao piano, que interpretarán composicións de José Torres para poemas do homenaxeado. Canda os músicos do Conservatorio Profesional de Música de Tui lerá versos de Lago Teresa Domínguez.
  • Domingo,16 de marzo,ás 11.30 h dende a Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.
    • Paseo literario sobre Manuel Lago no que se percorreran diversos lugares da cidade tudense ligados coa memoria e actividade de Lago na nosa localidade
  • Luns 17 de marzo, ás 19 h no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Mesa redonda sobre Manuel Lago González que contará coa intervención de Avelino Bouzón Gallego, arquiveiro catedral de Tui, José Manuel García Iglesias, profesor da USC, e Marga do Val, escritora e profesora.
  • Martes, 18 de marzo, ás 19 h no sociocultural da rúa Camilo José Cela.
    • Conferencia sobre a traxectoria biográfica de Manuel Lago González a cargo de Marta Cendón Fernández, profesora de Universidade de Santiago de Compostela