Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campionato de España de Círcuito de Radiocontrol Térmico

Data: 
4/09/2021
Lugar: 
Tui

O sábado 4 e o domingo 5 de setembro celebrarase en Tui o Campionato de España de Circuíto Radiocontrol Térmico. Está organizado pola Real Federación Gallega de Motonáutica e a Real Federación Española de Motonáutica, coa colaboración do Concello de Tui , da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do Club Náutico San Telmo de Tui.

Desenvolverase nas categorías Endurance e clases: E – 3,5 cc – encendido glow E – 7,5 cc – encendido glow E – 15 cc – encendido glow E – 35 cc – encendido chispa.

Os participantes correrán 3 mangas de 30 minutos por categoría, das que puntuarán as dúas mangas con mellores resultados. O circuíto serán en "M" de 100 x 50 metros. 

O programa previsto é o seguinte: 

  • Sábado 4
    • Ás 10 h formalización de inscricións e adestramentos libres
    • Ás 16 h Comezo das mangas de cada categoría
  • Domingo 5
    • De 9 a 10 h adestramentos libres
    • Ás 10 h mangas restantes