Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campamento de Verán Tecnolóxico

Data: 
1/07/2024
Lugar: 
Tui

Este verán o Concello de Tui achega unha experiencia de aprendizaxe e diversión: o Campamento Tecnolóxico “Smart Explorers Tui”.

Un formato pensado para a conciliación familiar no que nenos e nenas entre 7 e 14 anos traballarán habilidades dixitais e tecnolóxicas fundamentais para o seu futuro. Entre as actividades se inclúe programación de videoxogos e apps, deseño e impresión 3D, electrónica dixital, intelixencia artificial, animación, ciberseguridade, música dixital, prototipado rápido e Design Thinking. O mellor de todo é que cada semana é unha aventura temática diferente incluíndo: Viaxes no tempo; Maxia e Mitoloxía; Xapón Misterioso; Ciencia Ficción e a Conquista do Espacio.

O campamento estará dispoñible por semanas, de luns a venres, de 9 a 13 horas. Os monitores e monitoras de Smart Explorers son profesionais da formación STEAM (do inglés Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).

NFORMACIÓN DO CAMPAMENTO

  • Datas: Do 1 ao 31 de xullo
  • Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 13:00 h 
  • Lugar: edificio Francisco Sánchez
  • Idades: Nenos e nenas de 7 a 14 anos
  • Prazas: 30 por quenda
  • Prezo: 15,28 € por quenda dunha semana
  • Quendas
    • ​1ª .- Do 1 ao 5 de xullo
    • 2ª.- Do 8 ao 12 de xullo 
    • 3ª.- Do 15 ao 19 de xullo 
    • 4ª.- Do 22 ao 31 de xullo ( non haberá actividade nin o 25 nin o 26)

INSCRICIÓN 

  • Do venres 14 ao martes 18 de xuño a través da sede electrónica do Concello de Tui ou por rexistro de entrada.

Bases Campamento Verán Tecnolóxico 2024

Solicitude e Documentación Campamento Verán Tecnolóxico 2024