Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campamento de Verán de Aventuras - Intelixencias Múltiples

Data: 
1/07/2024
Lugar: 
Tui

O Concello de Tui organiza un Campamento de Verán de Aventuras de Intelixencias Múltiples que brindará un verán cheo de emoción, diversión e aprendizaxe, onde cada neno e nena descobre e potencia os seus talentos únicos.

No Campamento de Verán de Intelixencias Múltiples, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, vivirán unha experiencia única, chea de aventuras, aprendizaxe e diversión, mentres exploramos e desenvolvemos as distintas intelixencias múltiples nunha contorna segura, estimulante, respectuosa e en contacto coa natureza.

Que son as Intelixencias Múltiples?

As intelixencias múltiples son unha teoría do psicólogo Howard Gardner que identifica diversas formas nas que as persoas aprenden e procesan información. O noso campamento enfócase en desenvolver as oito intelixencias mediante distintas actividades lúdicas:

  1. Intelixencia Lingüística: contacontos, narración de historias, debates e creación de poemas e lendas. Ademais, unha vez por semana teremos inmersión lingüística en inglés, para practicar este idioma mentres nos divertimos.
  2. Intelixencia Lóxico-Matemática: scape-room, experimentos científicos e obradoiros de cociña.
  3. Intelixencia Espacial: obradoiros de arte (pintura, cerámica, Land art, costura…), construcións creativas, xogos de orientación e coñecemento do noso patrimonio natural e etnográfico.
  4. Intelixencia Musical: obradoiros de música e expresión corporal.
  5. Intelixencia Corporal: actividades físicas ao aire libre e sendeirismo.
  6. Intelixencia Interpersoal: asembleas, resolución de problemas, xogos cooperativos e habilidades sociais.
  7. Intelixencia Intrapersonal: actividades de mindfulness e intelixencia emocional.
  8. Intelixencia Naturalista: excursións á natureza, observación e coñecemento da fauna e flora autóctona e actividades de horta.

Información do Campamento

  • Datas: Do 1 de xullo ao 30 de agosto
  • Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:00 h. con opción de horario concilia de 8.00 a 15.00 h.
  • Lugar: Alameda de San Domingos e Centro UNED
  • Idades: Nenos e nenas de 3 a 12 anos
  • Prezo: 30,56€
  • Quendas
    • ​1º Do 1 ao 15 de xullo
    • 2º Do 16 ao 31 de xullo
    • 3º Do 1 ao 15 de agosto
    • 4º Do 19 ao 30 de agosto

Inscrición 

  • Do venres 14 ao martes 18 de xuño a través da sede electrónica do Concello de Tui ou por rexistro de entrada.

Bases Campamento Verán Tecnolóxico 2024

Solicitude e Documentación Campamento Verán Aventuras 2024