Boas Vibes

Debido á previsión de choiva para a fin de semana o programa Boas Vibes foi aprazado.
"Boas Vibes" é o títutlodo programa que se vai desenvolver en Tui o venres 20, sábado 21 e domingo 22 de setembro, dirixido especialmente á mocidade. Ten por obxectivo fomentar a igualdade de xénero a través da arte, a cultura e o deporte. Tamén busca apoiar ao talento novo e ofrecer alternativas de lecer saudables para a mocidade.
Haberá obradoiros de música, poesía, cómic, danza e skate e accións culturais e creativas coa participación de recoñecidos artistas galegos de distintas disciplinas, e combina actividades formativas con inscrición e exhibicións abertas ao público.
Programa:
- Venres 20 de setembro
- de 16:30 - 19:00h no edificio dos antigos xulgados
- Masterclass - obradoiro de música urbana con Wöyza
- Mocidade de 14 a 25 anos.
- Ás 20.30 h na praza de San Fernando actuación de Wöyza
- de 16:30 - 19:00h no edificio dos antigos xulgados
- Sábado 21 de setembro
- de 10.30 a 13.30 h no edificio Francisco Sánchez.
- Obradoiro de debuxo manga / cómic con Coral Martínez
- Mocidade de 12 a 18 anos
- de 10.30 a 13.30 h no edificio Francisco Sánchez
- Obradoiro creativo de iniciación á poesía con Yolanda Castaño
- Mocidade de 16 a 25 anos
- de 17 a 19.30 h no lateral da Catedral.
- Obradoiro de Danzas Urbanas con Yara Juncal
- Mocidade de 12 a 25 anos
- Ás 20.00 h na praza de San Fernando
- Actuación de Danzas Urbanas Boombix Dance Studio e
- de 10.30 a 13.30 h no edificio Francisco Sánchez.
- Domingo 22 de setembro no Paseo Fluvial
- De 16:00h a 20:00h dispoñibles ramplas e módulos de libre disposición, para toda a rapazada maior de 12 anos que queira achegarse co seu skate.
- De 17 a 18.30 h mocidade de 12 a 18 anos.
- De 18.30 a 20 h mocidade de 18 a 25 anos
- Obradoiros de skate + exhibición de rolling con Vella Escola
- Ás 20 h exhibición de rolling para todos os públicos da patinadora galega de recoñecido prestixio nacional Bomba Hache, e de BMX FlatLand da man de Aaron Santos ganador del Marisquiño 2023 e 2022
Inscricións para os obradoiros e máis información
- No correo electrónico: igualdade@tui.gal.
- Máis información na oficina de turismo de Tui, no paseo da Corredoira ou no teléfono 664 55 24 93.
O programa "Boas Vibes" está organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Tui ao amparo do Plan Corresponsables xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e co financiamento do Ministerio de Igualdade.Inscricións no