Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Baobab Teatro con "O lobo e a lúa"

Data: 
11/03/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Baobab Teatro volve ao Teatro Municipal de Tui co seu espectáculo “O lobo e a lúa”. Será o xoves, 11 de marzo, ás 18.30 h.

“O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor. O lobo quere falar coa lúa pero non o consegue porque está moi lonxe. Berra para facerse escoitar, pero cos seus grito non deixa durmir a ninguén no Prado Azul.

A obra está dirixida por Óscar Ferreira e Andrea Bayer e interpretada por Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers.

Recibiu o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en 2014.

Duración: 50 minutos

Prezos: 4€ e 3€.

Venda de entradas dende o luns 8 de marzo até o xoves 11 ás 17.30 h

MERCAR ENTRADAS

Recomendada: Público familiar dende os 2 anos

baobabteatro.com