Artesa Cía. con "Illas desertas"
O Teatro Municipal de Tui acolle a estrea de “Illas desertas” de Artesa Cía. Será en dobre función o martes 23 e o mércores 24 de marzo ás 19.30 h, cunha capacidade limitada a 50 persoas por día.
A obra está escrita e dirixida por Artesa Cía con textos de SebastIán Álvaro. Sobre o escenario estarán Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez. Contan coa colaboración tecnolóxica de Fura dels Baus.
“Illas Desertas. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.
Os protagonistas desta historia convidan ao público, a través dos seus móbiles, a subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo. O resultado é unha aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual.
Duración: 70 minutos
Prezos: 8€ e 7€. Capacidade: 50 persoas.
Venda de entradas dende o luns 22 de marzo até o día da función ás 18.30 h.
Recomendada: Público adulto