Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades Día do Orgullo

Data: 
28/06/2020
Lugar: 
Tui

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día do Orgullo que ten lugar o domingo, 28 de xuño.

Programa: 

  • Domingo 28
    • De 11 a 14 h e de 17 a 21 h na Glorieta de Vigo
    • Caravana LGTBIQ+: punto de información e sensibilización no que se repartirá material da campaña informativa deseñada dende a concellería de Igualdade que abordará o respecto á diversidade, a loita contra a violencia cara ao colectivo e a temática da violencia intraxénero. A caravana contará cunha sexóloga e un axente de igualdade que resolverán calquera tipo de dúbida sobre a diversidade sexual.
  • Aprazado para o xoves 2
    • Ás 19.30 h no o instagram de @transformando.realidade
    • Faladoiro “A realidade LGTBIQ+” impartido por María Torre,  xornalista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas, e Sara Uris, profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade e responsable do proxecto Transformando.