8M Día Internacional da Muller

Data:
6/03/2025
Lugar:
Tui
Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre! É o lema co que o Concello de Tui conmemora este 2025 o 8M, Día Internacional da Muller. O programa previsto é o seguinte:
Xoves, 6 de marzo, ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- Proxección do documental de Margarita Ledo “Prefiro condenarme” e o posterior encontro coa autora. Entrada libre ata completar aforo.
- Prefiro condenarme
- Ano_ 2024
- Duración_ 88 minutos
- Dirección_Margarita Ledo Andión
- Guión_Margarita Ledo Andión, Eva Veiga
- Elenco_ Mónica Camaño, Melancia Cruz, Iria Pinheiro, Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro
- Xénero_Documental. Drama
- Duración: 88 minutos
- Sinops
Sábado, 8 de marzo
Pola mañá …
- “Tecendo feminismo” un espazo de encontro, de reflexión e aprendizaxe no que tecer redes, entrelazar fíos e construír feminismo.
- Coa colaboración de M&R Abalorios, as persoas participantes elaboraran en crochet uns pendentes morados.
Ás 19 h no Teatro Municipal Acto institucional
- Actuación musicais a cargo do Conservatorio Profesional de Música de Tui, nunha homenaxe ás mulleres na música galega, interpretando pezas de Margarita Viso Soto.
- Recital de poesía por alumnas do IES San Paio froito do obradoiro de poesía realizado con Yolanda Castaño.
- Recoñecemento a 3 mulleres tudenses, de onte, hoxe e mañá
- Lectura do manifesto deste Día Internacional das Mulleres por Diana Lopez Varela, xornalista e guionista, activista feminista.
Mércores 12 de marzo ás 18 h no edificio Francisco Sánhez
- Encontro con Ivonete Da Silva, autora da traducción do libro de Mikki Kendal “Feminismo de barrio”, unha visión sobre o feminismo desde outra perspectiva.
Viernes 14 de marzo ás 21 h no Teatro Municipal
- Producións Teatrais Excéntricas con “As desterradas”
- Entradas en tui,gal aos prezos de 10 € e 7,5 €
Xoves 20 de marzo ás 19 horas na Sala Félix Rodríguez
- Presentación do libro “AS BENFALADAS” de María Xosé Porteiro. Conversa con Paula Cabaleiro
Sábado 22 e domingo 23 de marzo
- Mercado Internacional de Mulleres Creativas “ELAS FACEDORAS”
- No claustro do Seminario Menor.
- Sábado 22 de marzo de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 21.00 h
- Domingo 23 de marzo de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
O mercado contará cun espazo expositivo composto por postos de venda e exhibición, así como cun programa de actividades complementarias, que incluirá unha mesa de debate, actuacións musicais e monólogos de humor.
Programa de actividade
- Sábado 22
- Ás 12 h mesa redonda “Onde estamos as mulleres na cultura?” coa participación de
- Andrea González, directora do IKFEK, pianista, xestora e docente, e presidenta da Confederación de Xuventudes Musicais de España;
- Idoia Cuesta, artesá experta en cestería contemporánea, Premio Nacional de Artesanía 2015;
- Nati Juncal, produtora de cinema e delegada en Galicia de CIMA;
- Clara Rodríguez Cordeiro, socia fundadora e directora de proxectos de 7H Cooperativa Cultural, comisaria de Delas Fest.
- Ás 19 h, actuará a cantautora Carolina Rubirosa.
- Ás 12 h mesa redonda “Onde estamos as mulleres na cultura?” coa participación de
- Domingo 23
- Áas 13 h actuación da cantautora Leticia Rey
- Ás 18 h actuación das humoristas Sobria&Serena, dúo integrado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín.
Domingo 30 de marzo ás 12 h no mercado de San Antonio
- Espectáculo infantil/familiar de teatro, música e narración oral “AS DO MARE” con Vero Rilo e Sonsoles Penadique
- Duración: 50 minutos
- Público familiar
- Asdomare é un espectáculo de Vero Rilo e Sonsoles Penadique co que viaxamos á realidade das mulleres do mar, ou do mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cú da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.
Ademais
- En colaboración coas librerías locais a fin de semana do 8 de marzo, haberá descontos en libros de temática feminista.
- En colaboración coa Biblioteca Municipal recomendación de literatura feminina e feminista.
- A Casa do Concello iluminarase de morado dende o venres 7 de marzo