7ª Conferencia do Foro do Camiño Portugués

Data:
22/02/2022
Lugar:
Aula Cemit e en liña
O martes, 22 de febreiro de 2022, ás 19 h celebrarase na Aula Cemit a sétima conferencia do Foro do Camiño Portugués organizado polo Concello de Tui.
Nesta ocasión intervirán Begoña Valdomar da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e José Luis Sanches da Associaçao de peregrinos Vía Lusitana.
A charla poderá seguirse en directo na aula CEMIT, con aforo limitado, previa reserva en biblioteca@tui.gal e en liña en wwww.tui.gal.