Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

6º Budiño Raid Eurocidade Tui-Valença

Data: 
11/09/2021
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O sábado, 11 de setembro, vaise celebrar o 6º Budiño Raid que forma parte do calendario de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença.  É a cuarta e derradeira proba da Liga Galega de Raid de Orientación 2021, ademais de Campionato Galego da disciplina.

Trátase dun raid de longa duración cun percorrido duns 95 quilómetros de distancia  nunha etapa e 5 sectores, para un tempo máximo de carreira de 10 horas.Contará con 4 modalidades: trekking, orientación específica, kaiak e bicicleta.

Haberá tres categorías:

  • RAID‐O 3.0: Categoría Oficial con formato    3 compoñentes. 3 compoñentes sempre en competición e sen asistencia posible.
  • RAID‐O 2+1: Categoría Oficial con formato 2+1 reserva  ‐  asistencia, 2 compoñentes sempre en competición e un posible reserva – asistencia,
  • ORIENTA‐RAID: Categoría  de Iniciación con formato 2 + sen limites, 2 compoñentes mínimo e 5 máximo en competición e sen límite de compoñentes reservas‐asistencias,.
  • Para poder participar no BUDIÑORAID Eurocidade Tui ‐ Valença 2021 será obrigatorio que todos os participantes teñan 18 anos cumpridos, e deben estar en posesión da licenza de Raids da FEDO, ben na súa versión anual, ou ben tramitando a licenza dun día, cun prezo de 2 € .

 A inscrición está aberta até ás 22 h do martes, 7 de setembro.