Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar”

Data: 
31/12/2022
Lugar: 
Tui

O sábado, 31 de decembro, ás 10.30h no Paseo da Corredoira celebrarase a 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Está organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. 

Realizarase un percorrido urbano moi sinxelo de 4 quilómetros polo conxunto histórico e a beira do Miño, no que as persoas participantes poderán ir correndo ou andando até regresar ao Paseo da Corredoira, como agasallo recibirán unha camiseta conmemorativa.

A festa continuará con chocolatada con rosca e ás 12 h ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada tomaranse as 12 uvas.  A festa continuará con música en directo a cargo de Broken Peach, o grupo vigués presentará o seu espectáculo de Nadal no que interpretarán versións de temas tan coñecidos como Let It Snow, Santa Claus Is Coming To Town, Jingle Bell Rock, Rockin’ Around The Christmas Tree ou All I Want For Christmas Is You co seu característico son.