Reunión do Equipo de Goberno en Pazos de Reis
15/11/2019
O venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia. As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.