Restricións no tráfico polo paso da volta ciclista O Gran Camiño
24/02/2024
O domingo 24 de febreiro debido ao paso por Tui da volta ciclista O Gran Camiño haberá restricións no tráfico tanto de estacionamento coma de circulación no percorrido da cuarta etapa da volta.
Na estrada de subida ao #Aloia non se poderá estacionar dende primeira hora, e a partir das 13 h cortarase a circulación.
Grazas pola colaboración!