Restriccións no tráfico debido á celebración da Ponte Creativa & Enogastronómica na vella Ponte Internacional
17/07/2026
Este sábado, 18 de xullo, con motivo da celebración da Ponte Creativa & Enogastronómica no marco da programación do XIV IKFEM Festival Tui-Valença haberá restriccións no tráfico:
-
A Ponte Creativa & Enogastronómica celebrarase na vella Ponte Internacionl de 12.00 a 00.00 h ES
-
A partir das 06.45 h ES cortarase o corte do tráfico nos accesos á Ponte Internacional
-
En Tui, na Avenida de Portugal dende o cruzamento coa estrada da Guarda e a rúa Tenencia
-
En Valença, na Avenida de Espanha
-
- * Só estará permitido o acceso a residentes e organización.
-
A Ponte Internacional permanecerá pechada ao tráfico rodado até ás 3 h ES do domingo cando rematen os labores de desmontaxe.
- As bicicletas, ciclomotores e outros vehículos lixeiros que non poidan circular pola autovía poderán cruzar pola ponte, sempre co motor apagado.
-
Habilitarase un aparcamento alternativo na rúa Tenencia nas proximidades do Parador de Turismo




