Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Corte de tráfico no final do Paseo Calvo Sotelo por poda de seguridade

11/03/2026

Mañá xoves, 12 de marzo, de 9 a 15 h estará cortado ao tráfico o tramo final da rúa Calvo Sotelo até o cruzamento coa Avenida da Concordia e a rúa Maristas. O tráfico de turismos desviarase pola travesía de Coengo Valiño, mentres que os vehículos de maior tonelaxe non poderán circular por ese tramo. 
O corte de tráfico débese aos traballos de poda de seguridade que se van realizar no Cedrus Deadora. A intervención centrarase na eliminación e redución de ramas con crecemento lateral excesivo, nunha redución preventiva aproximada do 10 % nas zonas máis expostas e na redución selectiva de ramas horizontais co obxectivo de diminuír a carga e o risco de fractura.

Ademais, procederase á instalación dun sistema de ancoraxe dinámica nos principais brazos estruturais da árbore para minimizar o risco de fallo mecánico.