Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Corte da rúa Coruña e modificación de accesos ao Conxunto Histórico por Porta da Pía

7/09/2026

Dende o martes 8 de setembro, ás 8 h da mañá, a rúa Coruña está pechada ao tráfico e ao estacionamento debido ao avance das obras que se están a executar neste vial. 

Por este motivo o acccceso ao Conxunto Histórico con entrada dende a Porta da Pía para residentes, carga e descarga e servizos realizarase a través da rúa Lugo, praza de Galicia, rúa Camilo José Cela, rúa Calvo Sotelo, rúa Bispo Lago, e Ordóñez.

A rúa Ordóñez terá dobre sentido de circulación, regulado mediante semáforos.

A saída do Conxunto Histórico materá o itinerario actual, a través da rúa Bispo Lago (rúa Nova) e da rúa Tide.

Dende o Concello de Tui agradecen a comprensión e colaboración ante estas modificacións necesarias durante a execución das obras na rúa Coruña.