Aberta ao tráfico a praza Manuel Caramés
13/02/2026
Esta tarde quedou aberta ao tráfico de vehículos e ao tránsito peonil a praza Manuel Caramés, no Arrabal. Concluíron xa os traballos de emerxencia nun inmoble no que se rexistraron desprendementos. O obxectivo das actuacións realizadas foi garantir a seguridade na zona.
O próximo luns, 16 de febreiro, no mesmo inmoble, levaranse a cabo outros traballos. Por este motivo dende ás 8 h non se poderá estacionar no tramo da rúa Martínez Padín comprendido entre o cruzamento co Piñeiro e a Área de Autocaravanas.




