Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá comezan as obras de reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro en Paramos

Undefined

Mañá martes, 16 de abril, comezan as obras reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos, que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023.

Debido ao comezo das obras a partir de mañá a ponte estará cortada completamente. Dende hai un ano está cortado o tráfico rodado e a partir de mañá tamén o tránsito peonil.

O Concello de Tui solicita a colaboración das persoas propietarias de parcelas na beira do río Furnia

Undefined

O Concello de Tui solicita a colaboración das persoas propietarias de terreos nas beiras do río Furnia para facilitar a eliminación de especies invasoras, nesta zona. Trátase de bambú que ten colonizado terreos de propiedades privadas lindeiras co dominio público hidráulico para evitar que se estendan e colonicen as ribeiras do río.

Nos próximos días sairá a licitación a construción dunha nova ponte sobre o regato Cotarel

Undefined

O Concello de Tui sacará a licitación nos próximos días a obra de construción dunha nova ponte sobre o río Cotarel na estrada que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis. A obra está financiada nun 75% polo Concello de Tui en un 25% pola Deputación de Pontevedra. 

Con esta nova infraestrutura solucionarase o problema de comunicación na zona xa que a estrada está corta dende hai meses debido ao afundimento da estrada neste punto. 

Pechado un tramo do Paseo Fluvial fronte á praza da Estrela por seguridade

Undefined

As intensas choivas rexistradas na xornada de onte mércores, 18 de outubro, provocaron o desprazamento de preto de 50 centímetros dun dos muros das escaleiras que van dende a praza da Estrela até o Paseo Fluvial.  Por seguridade vénse de vallar o tramo do paseo fluvial situado fronte á praza da Estrela ante o risco de derrube do muro das escaleiras.

Prégase respectar o vallado ante o risco que existe na zona.

 

O xurado de Vilas en Flor coñeceu este luns as actuacións de mellora urbana realizadas en Tui

Undefined

A aposta polas sendas fluviais, os proxectos de humanización executados e os que comezarán en breve, xunto ao traballo realizado para mellorar o entorno urbano e rural foron algúns dos aspectos transmitidos dende o Concello de Tui aos dous membros do xurado de Vilas en Flor que este luns visitaron o municipio.

Subscribirse a RSS - Espazos Naturais e Áreas de Lecer