Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXI Feira de Artesanía

Data: 
6/05/2017

Sábado 6 e domingo 7 de maio de 12 a 21h

As mans crean, plasman ideas, traballan tecidos, materiais, elementos diversos... o resultado son pezas únicas, artesanía elaborada con mimo e coidado. Artesáns de toda Galicia daranse cita na XXI Feira de Artesanía de Tui na primeira fin de semana de maio. 

Programación
Sábado 6
• Ás 12.00h grupo folclórico San Xoán de Paramos
• Ás 13.00h grupo de pandereteiras As Dabadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas
• Ás 19.30h banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei
Domingo 7
• Ás 12.00h grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
• Ás 13.00h grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
• Ás 19.30h grupo de música tradicional Arume de Malvas