Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui

Data: 
22/03/2017

Play-Doc cumpre trece edicións. Ao longo destes anos o Festival Internacional de Documentais de Tui tense convertido nunha cita imprescindible para os amantes do cine en toda España. Edición tras edición miles de espectadores visítannos procedentes dos lugares máis diversos para celebrar esta festa do cine, pola que teñen pasado algúns dos directores máis interesantes do panorama internacional. 
De cara a súa próxima edición, Play-Doc non só pretende mostrar unha vez máis as últimas tendencias do xénero documental a través de historias emocionantes, senón que tamén poderemos gozar de grandes concertos e moitas outras actividades relacionadas coas películas presentadas no festival.