Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo

Data: 
17/04/2017

Do luns 17 ao sábado 22 de abril

O esforzo realizado nos ensaios, os papeis aprendidos até o máis pequeno detalle, a escenografía elaborada con imaxinación, ...a posta de longo do teatro afeccionado de Tui ten lugar durante as festas patronais, nunha semana xa consolidada que conta co beneplácito do público. 

Luns 17 ás 21.15h o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas representa “Médico á forza” (65 min.)

Martes 18 ás 21.15 o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis representa “Claro e Clara non se aclaran” (70 min.)

Mércores 19 ás 21.15h o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe representa “Gran Circo Randulfini” (75 min.)

Xoves 20 ás 21.15h o grupo de teatro San Fins da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns representa “O Indiano” (45 min.)

Venres 21 ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui representa “A lotaría” (80 min.)

Sábado 22 ás 20.15h o grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas representa “A herdanza de Dona Urraca”.