Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festival Folclórico Festas de San Telmo

Data: 
16/04/2017

Domingo, 16 de abril, ás 18h. Entrada de balde.

Centos de persoas de todas as idades integran os grupos folclóricos tudenses, algúns deles cunha longa traxectoria e outros de recente creación. Coma elemento común a todos está o seu traballo a prol da nosa cultura tradicional vinculada á música, aos bailes e á vestimenta. O Festival Folclórico festas de San Telmo é o escaparate perfecto para amosar o excelente nivel de todos eles. Participan os grupos Laxes de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Asociación C.X.D do Traxe de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns e Lembranzas da Terra de Guillarei.