AEDL, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
Contacto
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, AEDL
Concellería de Formación e emprego
Enderezo: Praza do Concello, 1- Tui
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h.
Teléfono: 986 60 36 25- ext.55
Correo: paula.secretaria@concellotui.org
Descrición e funcións
A Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Tui presta os seus servizos dende o ano 1999 levando a cabo a promoción económica de ámbito municipal. A axente de emprego e desenvolvemento local, AEDL, pertence á rede de axentes e técnicos de emprego de Galicia impulsada pola Xunta para a implantación das políticas activas de emprego e o apoio de iniciativas empresarias xeradoras de novos postos de traballo no ámbito local.
O axente de emprego é un técnico coñecedor de metodoloxías e ferramentas para a planificación, xestión e financiamento de proxectos públicos a nivel local, que permiten dinamizar o potencial do territorio e aproveitar as oportunidades para a creación de emprego. O seu ámbito de traballo aglutina propostas de interese , concretando as súas funcións no aproveitamento ao máximo das oportunidades que dende os diferentes niveis de administración pública: europea, estatal, autonómica e local, se brindan co obxectivo de planificar e desenvolver as políticas de promoción económica e emprego no municipio.
A AEDL do Concello de Tui centra parte das acción no ámbito dos Recursos Humanos e o Emprego cooperando na instauración das “políticas activas de emprego” a nivel local, coas seguintes funcións:
- Observación estratéxica do territorio e realización de estudos, así coma participar na dinamización do eido local, colaborando en campañas de dinamización económica.
- Prospección de recursos infrautilizados, identificando as actividades de interese e con potencialidade, que poidan acoller novos negocios viables de futuros emprendedores.
- Apoio e información sobre os trámites xurídicos e administrativos para a creación de empresas.
- Información dos programas de axudas específicas o emprego para empresas e emprendedores, así como facilitar o acceso a elas: mulleres, autónomos, discapacitados, Iniciativas locais de emprego, sociedades laborais, cooperativas...
- Acompañamento no estudo económico- financeiro de novas ideas empresariais, etc.
- Información e orientación os interesados de todo tipo de programas de axuda públicos e subvencións.
- Planificación ,deseño e xestión para o ente municipal dos programas e proxectos anuais dinamizadores do territorio e xeradores de emprego :
- Proxectos de emprego: programas de cooperación coas entidades locais, orientación laboral ou plans provinciais de emprego
- Proxecto de inserción socio-laboral: plans integrados de emprego
- Programas mixtos, de formación e emprego: escolas obradoiro e obradoiros de emprego
- Participación en deseño e xestión de proxectos e programas financiados con fondos comunitarios destinados o desenvolvemento económico territorial .
- Fomento da cultura emprendedora como unha forma de saír de situacións de desemprego.
- Organizanr ou colaborar na realización de cursos de formación ou ofrecer información sobre eles para desempregados e traballadores en activo.
- Comunicar as empresas e emprendedores as subvencións para o emprego, así como facilitar o acceso a elas.