Tui reforza a súa aposta formativa coa implantación do grao en Turismo na aula da UNED
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez, formalizaron hoxe a sinatura dun convenio de colaboración que permitirá ampliar a oferta educativa da aula de Tui coa incorporación do Grao en Turismo.