O alcalde abordou co director de Turismo de Galicia a importancia turística da celebración do oitavo centenario da consagración da Catedral
O alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse hoxe en Santiago co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, con quen abordou a importancia turística que terá a celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui entre novembro deste ano e decembro de 2026. Xosé Merelles amosou o interese do seu departamento por apoiar esta efeméride que pretende ademais a declaración por parte do Goberno central de Acontecemento de Excepcional Interese Público. Estivo tamén presente o técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela.





