A Eurocidade Tui-Valença vivirá unha tarde máxica coa Cabalgata Internacional de Reis
A Eurocidade Tui-Valença prepárase para vivir unha tarde máxica de Reis coa tradicional Cabalgata Internacional, que terá lugar o próximo domingo, 5 de xaneiro. As súas Maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar, teñen previsto chegar ás 16:30 h á estación de tren de Valença. Dende alí, iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros acompañados por unha ampla comitiva de máis de 200 persoas ata o Paseo da Corredoira en Tui.